CRTVG

Buscar

Destacados

A Copa do Rei, na Radio Galega

20/01/2020 - 20:42 h

Este xoves, a Radio Galega ofrece unha edición especial de 'Galicia en goles', coa retransmisión do partido dos dezaseisavos de final da Copa do Rei de fútbol entre o Mirandés e o Celta de Vigo. Paco Santos conduce a emisión do programa desde as sete menos cuarto da tarde, con Roberto Carlos Carballo desprazado ao estadio Anduva e cos comentarios do especialista na información do Celta, Víctor López.

Tras empatar en San Mamés na Liga, o equipo que dirixe Óscar García afronta o compromiso copeiro co obxectivo de acceder aos oitavos de final. O seu rival é un club da Segunda División A, que non xogou partido a pasada xornada ao estar inundado o terreo de xogo. Na clasificación ocupa un posto na zona media, a só tres puntos dos postos que conducen á fase de ascenso.

O Celta atravesa por unha delicada situación na Liga, en posto de descenso á Segunda División A, pero no cadro de xogadores a Copa continúa sendo un torneo prioritario.

A emisión do Mirandés-Celta poderán seguila os oíntes a través da FM, TDT, a web da Radio Galega e a aplicación Radioplayer España.

Cortes dos diferentes programas da RG