CRTVG

Buscar

Reabre a zona da pirotecnia de Paramos tras un ano do estoupido

Publicado o 03/05/2019 16:50

• Xa se pode comezar a reconstrución dalgunhas casas das 21 licenzas solicitadas polo de agora

• Carlos Vázquez, alcalde de Tui: "A situación convida ao optimismo. O barrio da Torre non volverá ser o mesmo, pero o final do tunel está moitísimo máis cerca"

Hoxe abriu a zona cero da explosión da pirotecnia de Paramos, en Tui. Entre estas imaxes... e estoutras hai once meses de diferenza. Hoxe abriuse a zona cero de Paramos, afectada pola explosión da pirotecnia na que morreron dúas persoas. Os veciños afectados, 30 en total, xa poden comezar a reconstruír as súas vivendas.

Das trinta vivendas afectadas da zona cero, 21 xa pediron licenza e 9 xa a teñen concedida. Entre todas as axudas poden solicitar ata 250.000 euros para reconstruír as vivendas. Algún dos afectados achegouse ao lugar para ver como estaba.

En xuño de 2020 teñen que estar todos os servizos restablecidos en Paramos. Os veciños esperan que nun ano as súas vivendas estean reconstruídas.

Noticias web

03/05/2019