CRTVG

Buscar

Ziérbena, co vigués Juan Zunzunegui aos mandos, campión de España de traiñeiras

Publicado o 02/08/2020 18:57

E hoxe disputouse en Pedreña o Campionato de España de traiñeiras, sen participación das embarcacións galegas.

Aínda así, o noso remo estivo ben representado. Porque a traiñeira gañadora foi Ziérbena, con varios remeiros galegos, incluído o seu adestrador e tamén remeiro, o vigués Juan Zunzunegui. Orio e Santurtzi completaron o podio.

A Liga Euskolabel regresa a vindeira fin de semana coas Bandeiras de Hondarribia e Ondarroa, que veremos, coma sempre, na G2.

Noticias web

02/08/2020