CRTVG

Buscar

Zidane abandona a concentración do Madrid "por motivos persoais"

Publicado o 12/07/2019 17:52

Sorpresa no Canadá. O adestrador do Real Madrid, Zinedine Zidane, abandonou a concentración do equipo por "motivos persoais".
Así o explicou o conxunto branco nun comunicado oficial a través da súa páxina web. O Real Madrid leva catro días adestrándose na cidade de Montreal. A dirección da pretemporada correrá a cargo dos seus axudantes e do preparador físico, alomenos ata que Zidane se poida reincorporar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019