CRTVG

Buscar

Yosi, o líder de Los Suaves, condenado por violencia machista por coaccións á súa ex-parella

Publicado o 22/09/2020 12:40

O líder de Los Suaves acaba de ser condenado por violencia machista. O músico de 72 anos admitiu nun xuízo rápido coaccións a unha ex-parella tales como chamadas reiteradas mesmo de madrugada.

O líder dunha das bandas de rock español máis míticas terá que realizar traballos en beneficio da comunidade e non poderá contactar nin achegarse á muller durante oito meses.

Leva afastado dos escenarios dende hai tempo. A súa última aparición pública foi na primavera do ano pasado, na presentación do seu primeiro libro.

Noticias web

22/09/2020