CRTVG

Buscar

Xuristas e maxistrados analizan en Santiago a protección do patrimonio

Publicado o 25/04/2019 15:08

Xuristas e maxistrados debaten en Santiago sobre a protección do patrimonio nunhas xornadas convocadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial.

Cada país achega o seu patrimonio á comunidade internacional. O Pórtico da Gloria é un exemplo. Un dos bens que analizan os xuristas, partidarios do regulamento das visitas para garantir a conservación do patrimonio.

"Santiago é un referente mundial. Todo o mundo coñece a cidade, o camiño de Santiago. Por iso consideramos que era a cidade idónea para este encontro", explica María Jesús Millán, letrada do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tamén falaron das pintadas recentes na catedral de Santiago e na igrexa de Maside. Consideran que para rematar con imaxes coma esta non chegan as sancións.

A maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia María Dolores Rivera mantén que "os poderes públicos deberían de esforzarse para concienciar a cidadanía, educala e que consideren ese patrimonio como seu. E que se sinta orgullosa". 

Din que a destrución e a deterioración do patrimonio traspasa fronteiras. Recente temos esta imaxes do incendio na catedral de Notre Dame.

Noticias web

25/04/2019