CRTVG

Buscar

Xuntanza de Agricultura coas comunidades para frear a baixada de prezos

Publicado o 12/02/2020 15:05

No Ministerio de Agricultura, acaba de rematar a xuntanza coas comunidades. Buscan frear o baixo prezo dos produtos do campo. Galicia pide cambios lexislativos en materia de competencia desleal e unha lei estatal de incentivos fiscais para a actividade agrogandeira. Tamén que España defenda o sector na negociación europea do novo PAC.

Ao tempo que se producía esta reunión, os olivicultores de Córdoba cortaban a autovía A-4 para denunciar a crise de prezos no agro. Piden prezos dignos para as súas explotacións. Non queren que os intermediarios queden con todas as ganancias.


 

Noticias web

12/02/2020