CRTVG

Buscar

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial reúnese en Pontevedra

Publicado o 30/01/2020 11:05

O novo edificio xudicial de Pontevedra, inaugurado o pasado mes de setembro, acolle este xoves o pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

A reunión plenaria, a cuarta que se celebra fóra de Madrid no actual mandato tras as sesións celebradas en Barcelona, San Sebastián e Córdoba, está presidida por Carlos Lesmes, presidente do Tribunal Supremo e do CXPX.

Antes do pleno, Lesmes mantivo un encontro cos xuíces e maxistrados pontevedreses, acompañado, entre outros, polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde; o presidente da Audiencia de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez; e a xuíz decana, María Belén Rubido da Torre.

Tras este encontro celebrase no mesmo complexo xudicial, que acolle todas as unidades xudiciais de Pontevedra salvo as catro secciones da Audiencia, as reunións da comisión permanente e do pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os membros do órgano de goberno dos xuíces desprazaranse pola tarde a Vigo para visitar as obras da futura Cidade da Xustiza, onde serán recibidos polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

30/01/2020