CRTVG

Buscar

Xunta e Concello de Santiago queren recuperar as figuras do Pórtico da Gloria que ten a familia Franco

Publicado o 03/10/2020 15:13

A Xunta e o Concelllo de Santiago comezarán a semana que vén reunións para abrir unha nova vía xudicial co fin de recuperar as dúas estatuas de Abraham e Isaac, esculpidas polo Mestre Mateo para o Pórtico da Gloria, e que están en mans da familia Franco.

Así o anunciaron esta mañá o conselleiro de Cultura e o alcalde de Santiago nunha rolda de prensa conxunta no pazo de Raxoi. Os herdeiros do ditador gañaron o proceso xudicial en primeira instancia fronte ao Concello compostelán, que recorreu contra a decisión ante o Tribunal Supremo.

Agora a Xunta e o Concello queren achegar nova documentación atopada nos últimos meses nos arquivos da Universidade de Santiago que acreditarían que as dúas figuras non son propiedade da familia Franco. Desde a Xunta e o Concello queren que as estatuas, que foron declaradas bens de interese cultural", sexan restituídas ao patrimonio público e expostas no Museo da Catedral ou no das Peregrinacións.

Noticias web

03/10/2020