CRTVG

Buscar

Xulgan unha muller de Sarria por maltratar a súa filla menor de idade

Publicado o 22/01/2020 13:12

Unha veciña de Vilalba senta no banco dos acusados por tres delitos de violencia no ámbito familiar. Esta acusada de maltratar a súa filla menor de idade.

Segundo o escrito da Fiscalía, en numerosas ocasión impedía que a pequena entrase no domicilio familiar cando chegaba do colexio, e a rapaza refuxiábase nun alpendre que había detrás da vivenda e en ocasións coas veciñas. Tamén describe insultos e incluso duas agresións polas que a menor non recibiu atención médica. A nai perdeu a tutela da menor ata en duas ocasións.

Durante a súa declaración a nai negou os feitos e atribuiu as acusacións da filla aos celos ante a chegada dos seus irmáns pequenos e a problemas de adaptación cando se mudaron a vivir a aldea. Defendeu que estando a pequena baixo a tutela de menores mantiveron sempre o contacto.

A menor que declarou tras un biombo manifestou que a relación coa nai nunca fora boa, que non había comunicación. E corroborou as acusacións contra a súa proxenitora. A fiscalía pide para a acusada 7 anos de prisión. A defensa a libre absolución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020