CRTVG

Buscar

Xulgan un home por abusar sexualmente dunha menor tutelada en Mallorca

Publicado o 04/12/2020 11:04
Xulgan un home por abusar sexualmente dunha menor tutelada en Mallorca

Na Audiencia Provincial de Palma de Mallorca xulgaron este xoves un home acusado de abusar sexualmente dunha menor de idade tutelada. A Fiscalía pedía para o procesado 9 anos de cárcere por manter relacións coa rapaza a cambio de cartos.

A moza, que agora ten 16 anos, declarou que aquel día escapou do centro de menores en que estaba para ir ao hotel do acusado. Engadiu que as relacións foron consentidas, que recibiu 600 euros e que mentiu cando dixo o contrario na fase de instrución do proceso.

 

Noticias web

04/12/2020