CRTVG

Buscar

Xulgan un garda civil por un delito de malos tratos habituais

Publicado o 31/05/2019 17:05

En Lugo, un garda civil sentou no banco dos acusados por un delito continuado de malos tratos á súa muller. A fiscalía pidelle 10 anos de prisión. Unha petición que se mantén, aínda que na vista desta mañá a denunciante decidiu outorgarlle o perdón.

A xuíza decidiu trasladar o caso á Audiencia Provincial, e será agora este tribunal o que xulgue os feitos. Ademais do delito de malos tratos tamén está acusado dun delito de amezas e de revelación de segredos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/05/2019