CRTVG

Buscar

Xulgan por prevaricación o ex-concelleiro de Ourense polo BNG García Mata

Publicado o 10/04/2019 15:41
Xulgan por prevaricación o ex-concelleiro de Ourense polo BNG García Mata

En Ourense hoxe sentou no banco dos acusados Andrés García Mata, o que fora concelleiro de Infraestruturas do BNG no concello de Ourense durante o goberno bipartito. Está acusado pola Fiscalía dun delito de prevaricación continuada pola suposta adxudicación hai once anos de dous proxectos de reforma que tiveron un custo próximo ao millón de euros. Pide unha condena de oito anos e medio de inhabilitación para emprego ou cargo público.

Noticias web

10/04/2019