CRTVG

Buscar

Xulgan en Pontevedra o acusado de agredir sexualmente un mozo con discapacidade

Publicado o 20/11/2018 14:07

Na Audiencia Provincial de Pontevedra xulgábase esta mañá a porta pechada o acusado de agredir sexualmente un mozo con discapacidade. Os feitos remóntanse aos anos 2015 e 2016, cando o home que sentou no banco dos acusados abusou do seu veciño, que padece limitación das súas facultades psíquicas e físicas.

Durante este tempo convenceuno con cartos e lambonadas para que accedese a manter relacións. O acusado, maior de idade e sen antecedentes penais, tiña desde hai un ano a prohibición de comunicarse e de achegarse á vítima nunha distancia inferior a 100 metros. Agora enfróntase tamén a unha pena de 9 anos de prisión e 20.000 euros de multa por dano moral.

Noticias web

20/11/2018