CRTVG

Buscar

Xuízo á auxiliar de enfermería acusada de matar dous doentes no hospital de Alcalá

Publicado o 18/06/2019 13:46

Comezou na Audiencia de Madrid o xuízo contra unha auxiliar de enfermería acusada da morte de dúas doentes ás que inxectou aire no seu sistema circulatorio. A Fiscalía pide 40 anos de prisión, pero o Defensor do Doente solicita prisión permanente revisable. 

Os feitos sucederon na quinta planta do Hospital de Alcalá de Henares.

Foi aquí onde entre os anos 2015 e 2017 dúas doentes que ían recibir a alta morreron de súpeto por mor dunha embolia gasosa pulmonar masiva pola inxección de aire no seu sistema circulatorio.

Xa no 2013, unha primeira doente puidera ser salvada in extremis. Pero sería tras a primeira morte en xullo do 2015, cando a policía instalou un sistema de videovixilancia en toda esa planta.

En agosto do 2017 unha terceira doente morría nas mesmas circunstancias e que levou á detención dunha auxiliar de enfermería.

A Fiscalía pide para ela 40 anos de cadea polas dúas mortes. O Defensor do Doente pide prisión permanente revisable.

O xuízo contra a auxiliar de enfermería comezou hoxe na Audiencia Provincial de Madrid.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019