CRTVG

Buscar

Xubilados de Endesa protestan contra a retirada das bonificacións sociais

Publicado o 24/09/2019 15:32

Máis protestas contra Endesa, neste caso dos xubilados e prexubilados da compañía, Acudiron a Madrid coas súas reivindicacións. Reclaman que Endesa dea marcha atrás na retirada de prestacións das que gozaban por traballaren na térmica, como os descontos na factura da luz.

En total son uns 26.000 xubilados de Endesa en toda España afectados pola eliminación da tarifa eléctrica do empregado. O desconto no recibo da luz é un dos beneficios dos xubilados e prexubilados da compañía que desaparecen a finais de mes. 

"É moi difícil pensar que traballaramos 35 anos e que agora nos rouben o que é noso. Son uns ladróns".

A protesta transcorre en paralelo á conflitiva negociación do convenio colectivo.

"Aos activos non subirlles o convenio e aos pasivos sacarnos os beneficios de enerxía eléctrica que tiñamos, que era salario en especie".

Denuncian que o propósito de Endesa é aplicar as novas condicións a partir do primeiro de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019