CRTVG

Buscar

Xosé Manuel Piñeiro, A Roda e Ana Peleteiro, medallas Castelao deste ano

Publicado o 19/06/2020 13:42

• Tamén reciben o recoñecemento Pilar Cernuda e as asociacións do Camiño

O Goberno galego acordou conceder as Medallas Castelao ao grupo A Roda, ás asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, a xornalista Pilar Cernuda, a deportista Ana Peleteiro e o presentador de Televisión de Galicia Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro.

O acto de entrega destes galardóns celebrarase o vindeiro 28 de xuño.