CRTVG

Buscar

Xosé Enrique Abuín poderá recorrer a sentenza que lle impoñan

Publicado o 01/12/2019 15:07

O futuro de Xosé Enrique Abuín está en mans do xuíz, que delibera a condena que máis se axusta aos feitos probados no veridicto. A pena de prisión permanente revisable si se preve para os asasinatos nos que houbo un delito contra a liberdade sexual da vítima.

A avogada Ana Camiño explica que  "Non é necesaria a violación. É necesario un feito contra a liberdade sexual, pode ser un abuso simplemente. Aí si entraría porque temos un asasinato que segue a ese delito contra a liberdade sexual. Non é necesaria a violación."

En España hai catro homes condenados a prisión permanente revisable por asasinatos nos que violaron ás vitimas ou o intentaron. Xosé Enrique Abuín ten xa unha condena de cinco anos por detención ilegal e por intento de agresión sexual a outra moza.

"Para que se valore a reincidencia teñen que ser feitos anteriores e condenados de forma anterior. O caso da rapaza de Boiro non lle influiría. Estámonos adiantando demasiado porque, ollo cabe recurso e o Tribunal Superior efectivamente pode determinar que non está probado ou que o veredicto non está fundamentado e botar abaixo iso. Aquí non está todo acabado, di a avogada Camiño.

Como atentuante, o xurado recoñece a confesión de Abuín cando indentificou o lugar no que estaba a vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019