CRTVG

Buscar

Xornadas de portas abertas nas adegas do Ribeiro

Publicado o 23/10/2020 20:53

A adega Cuñas de Avia, en Cenlle, ábrenos as portas. A nós e a cinco visitantes: 4 da provincia de Pontevedra e un escocés con debilidade polo Ribeiro: "Son un gran afeccionado dos viños galegos e dos viños do Ribeiro".

O outono séntalle ben a esta paisaxe que se reivindica como destino turístico conxugando viño, historia e patrimonio.

Juan Casares, Presidente da Ruta do Viño do Ribeiro: "Darlles a oportunidade de reencontrárense cos cinco sentidos despois de todos estes meses de anguria e preocupación que estamos a padecer todos".

De guía exerce o colleiteiro. Neto do primeiro propietario particular desta adega que desde o século XII explotaron distintas ordes relixiosas desde o mosteiro de San Clodio.

Alberto Úbeda, adega Cuñas Davia: "No Ribeiro tiveron influencia moitas ordes, monásticas, templarios, hospitalarios... Toda a xente quería ter propiedades no Ribeiro pola súa riqueza a través do viño".

A experiencia conclúe cunha cata maridada. Cinco viños para cinco pratos. Durante toda a fin de semana, 12 adegas do Ribeiro ofrecerán cadansúa experiencia.

Noticias web

23/10/2020