CRTVG

Buscar

Xornada de eleccións tranquila en Galicia, sen incidencias salientables

Publicado o 26/05/2019 14:52

Nas illas Canarias a constitución das mesas prolongouse máis do habitual. Debían preparar cinco urnas coas súas papeletas correspondentes. Pero, en xeral, a xornada arrancou sen incidencias salientables. Só se rexistraron algúns episodios menores que quedaron controlados en pouco tempo.

Neste colexio de Vigo unha muller tivo que ser atendida na porta porque as forzas non lle daban para votar na urna. O presidente da mesa introduciulle as papeletas e representantes políticos de distintas cores uníronse para axudala a abandonar o centro. Pero o que non podía faltar no anecdotario desta xornada, é o concello rioxano de Villarroya, cun censo de oito persoas.

Nesta ocasión, tardou 70 segundos, pero de novo converteuse na primeira localidade en pechar as urnas. No que vai de xornada, tamén se viviron algúns momentos de tensión que non chegaron a maiores. Deste xeito rematou o tirapuxa entre unha apoderada de ERC e outro de VOX nun colexio de Barcelona. A muller tivo que darlle a volta á camiseta porque lucía un lema a prol dos presos independentistas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2019