CRTVG

Buscar

Xornada de calor en boa parte de Galicia

Publicado o 29/05/2020 15:41

Xornada de moita calor en toda Galicia. No interior das provincias de Pontevedra e de Ourense están en aviso amarelo por treboadas. 

Pois na costa tamén vai calor, con termómetros que non baixarán dos trinta graos. Unha situación que se manterá tamén durante toda esta fin de semana. Así que as praias son unha boa opción para mitigar este bochorno. Areais, que por certo, cambiaron a súa estampa dende o luns cando comezou a fase dúas na que se permite o baño e tomar o sol.

E dentro desa aparente normalidade da desescalada tamén comezaron a funcionar os chiringuitos, non todos nin en tódolos concellos, pero moitos xa están abertos anque con restricións.

Esta é seguramente a estampa que mellor define o verán. Andar de terrazas, bo tempo e praia para poder sobrelevar a intensa calor.

Na costa sur de Galicia os termómetros volverán rozar os trinta graos de máxima. Moitos buscan o alivio nos areais ou nos bares das praias. En Cangas, moitos levan abertos dende o luns.

A súa normativa é similar á da hostalaría. Ocupación limitada e distancia de dous metros entre as mesas.

Carmen preparaba todo esta mañá en Vigo, pero a súa apertura terá que esperar. Polo menos ata o luns, que é cando a normativa municipal o permite.

 

 

Noticias web

29/05/2020