CRTVG

Buscar

Xornada a carón dos ríos para loitar contra a calor

Publicado o 05/07/2020 21:15

Nunha xornada de calor intensa, as zonas de baño a carón dos ríos son o refuxio preferido das provincias do interior. A esta das pozas de Melón chegaban hoxe moitos visitantes por vez primeira. Sobre todo familias e grupos de amigos.

O aparcamento está cheo e parece complicado manter as distancias de seguridade arredor das zonas de baño, pero os visitantes aseguran sentirse tranquilos en todo momento malia non haber un sistema de control da afluencia.

A viaxe ás praias quedou aprazada para moitos polo de agora. Din sentirse máis seguros en lugares pequenos coma este.

Os termómetros non van dar tregua nos vindeiros días. Con máximas previstas de 35 graos en Ourense, seguramente zonas fluvias coma esta serán as elixidas para fuxir da calor.

Noticias web

05/07/2020