CRTVG

Buscar

XIV Bienal de Arte de Lalín, comisariada por Álvaro Negro

Publicado o 06/06/2019 17:06

Ata o 31 de xullo, Lalín, acolle unha nova bienal de arte. Nela é posible ver obras de artistas nacionais e internacionais. O título nesta ocasión é "Menos e máis, máis ou menos". Está comisariada polo tamén artista lalinés Álvaro Negro.

Son 20 os creadores: Vitor Mejuto, Misha Bies Golas, Luís Cammtzer, Elena de Rivero, Jorge Varela,  Christian García Bello, Luís Gil Pita, Tino Grandío, Jorge Barbi, Duane Michals, Matt Mullican, Eduardo Outeiro, Joâo Penalva, Paloma Polo, Rubén Ramos Balsa, Mladen Stilinovic, Esther Ferrer, Thomas Zipp, Bjorn Dahlem. Nela réndese homenaxe ao falecido pintor Manuel Moldes.

A mostra establece unha conexión entre arte e ciencia, en referencia a Ramón María Aller e a Matemático Rodriguez, ilustres veciños.

Noticias web

06/06/2019