CRTVG

Buscar

'Xirarei' recompila a historia das cubertas do disco galego

Publicado o 15/07/2020 21:56

Hoxe non lle poñemos música a unha reportaxe. Poñémoslle cara á música galega na época do vinilo . 'Xirarei', recompila no Audirorio de Galicia máis de 400 cubertas do disco galego.

Cancións coma esta ..... de Ana Kiro, ou como estoutra de Fuxan os Ventos ..... Cancións que en Xirarei ceden protagonismo ao traballo da cuberta. Durante un século vendéronse discos, os máis deles envoltos nestas obras de arte cheas de intencionalidade.
Aquí non soa o arquivo sonoro do país. Vémolo de preto. Sentímolo. Exemplares de coleccións e de particulares xuntos aos que cómpre dedicarlles tempo para descubrir, para emocionar

Coñecer o que cantaron e cantamos a través dunhas cubertas que, no medio da era dixital, recórdannos que houbo un tempo en que a música era redonda.



 

Noticias web

15/07/2020