CRTVG

Buscar

Xavi Torres, un centrocampista de calidade para o Lugo

Publicado o 18/09/2020 13:28

Fichaxe no Lugo dun futbolista cunha traxectoria de consideración: Xavi Torres.

Máis de cento cincuenta partidos en Primeira División. Fíxense neste centro de Juanfran e no gol de Xavi Torres. Foron compañeiros no Levante. Agora Juanfran será o seu adestrador.

Xavi Torres xogou, ademais, no Barcelona con Pep Guardiola, no Málaga, no Betis, no Sporting, no Elxe, o ano pasado en Kuwait.

Xavi Torres é centrocampista, fará trinta e catro anos en novembro. Dos futbolistas con máis experiencia que fichou o Lugo desde que está na categoría.

Noticias web

18/09/2020