CRTVG

Buscar

Xardíns encantados e motivos mariños protagonizan as alfombras florais en Ares

Publicado o 23/06/2019 14:32

O tempo semella que vai respectar a presentación un ano máis das alfombras florais no concello ferrolterrán de Ares.

Os deseños finais constitúen un dos segredos máis gardados da cita e non se desvelan ata o último momento. Este ano os motivos mariños e os xardíns máxicos cos seus estraños habitantes protagonizaron estes verdes alfombrados.

Para celebraren esta festa, unha das máis importantes do ano para Ares, centos de veciños involucráronse na recollida dunhas vinte toneladas de materiais cos que deseñar estas obras de arte pasaxeira. A festa, continúa pola tarde.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/06/2019