CRTVG

Buscar

Xa votaron por correo máis de 35 millóns de estadounidenses

Publicado o 21/10/2020 08:58
Xa votaron por correo máis de 35 millóns de estadounidenses

Cando aínda faltan dúas semanas para as eleccións presidenciais nos Estados Unidos, o voto anticipado bate todos os récords anteriores e supón xa a cuarta parte do total de sufraxios emitidos nos comicios de 2016.
Segundo os datos facilitados pola organización independente Proxecto das Eleccións, máis de 35 millóns de estadounidenses xa votaron por correo nestas presidenciais.
Os candidatos, o actual presidente Donald Trump e o demócrata Joe Biden, enfrontaranse este xoves no derradeiro debate televisivo da campaña.
Biden mantén dez puntos porcentuais de vantaxe nas enquisas previas sobre intención de voto.

 

Noticias web

21/10/2020