CRTVG

Buscar

Xa son cinco os detidos en relación co narcosubmarino apreixado en Cangas

Publicado o 30/11/2019 10:43

Xa son cinco as persoas detidas en relación co submarino interceptado hai unha semana no Hío con máis de 3.000 quilos de cocaína a bordo.

Na noite do venres a Garda Civil arrestou unha persoa en Vigo, despois de deter o tripulante fuxido e máis un colaborador.

O Grupo Especial contra o Crime Organizado localizou en Cangas o home que fuxira o sábado durante o operativo e que se agochara nos montes do Hío. Tanto el como os outros dous colaboradores arrestados nas últimas horas son veciños de Vigo e non teñen antecedentes por tráfico de drogas.

Os outros dous tripulantes ecuatorianos, detidos o primeiro día, ingresaron en prisión despois de pasar a disposición xudicial en Cangas esta semana.

Noticias web

30/11/2019