CRTVG

Buscar

Xa se albisca a nova imaxe da Gran Vía de Vigo

Publicado o 20/08/2020 21:42

A nova imaxe da Gran Vía está case a punto.

Nun futuro, prevese que as cintas transportadoras discorran por toda a avenida ata a praza de América. No primeiro tramo salvan unha pendente do 9%.

O proxecto do bulevar arborizado é de 1910 e rematouse en 1945. Logo de meses de obras, de reordenación do tráfico de 35.000 vehículos diarios e de cambios na vexetación de grande porte, a vía está totalmente renovada.

Restan só as probas de carga e o sementado das zonas verdes que, segundo as previsións do concello, estarán dotadas de 72 árbores e 90 arbustos, o triplo dos retirados.

Noticias web

20/08/2020