Xa hai data para as oposicións de educadores, auxiliares de enfermería e administración da Xunta
Publicado o 24/02/2021 17:25
As oposicións para educadores, auxiliares de enfermería e categorías administrativas da Xunta xa teñen data. Serán os días 27 e 28 de marzo e, por motivos de seguridade, celebraranse simultaneamente en tres recintos diferentes.
As medidas de seguridade da pandemia obrigan a facer os exames no recinto feiral de Silleda, no Pazo de Congresos de Lugo e na Fundación Feiral de Ourense.
Para estas oposicións están convocadas máis de 7.500 persoas, que optarán a un total 476 prazas.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 21:44