CRTVG

Buscar

Xa están traballando en Sanxenxo os acomodadores de praias

Publicado o 30/06/2020 14:27

Canelas, Silgar, Montalvo e Areas. Nestas catro praias xa estan plenamente operativos os informadores de praia que pon este ano á disposición dos praístas o concello de Sanxenxo; algo semellante ao se fai en cines ou teatros.

A súa función, orientar a xente para que se garden todas as medidas de seguridade ás que obrigan os estertores da covid-19.

De momento non hai grandes aglomeracións e as normas non teñen por que nos impedir gozar do sol e do mar.

Entre socorristas, sanitarios e acomodadores, sen contar persoal de limpeza, o concello de Sanxenxo ocupa 134 persoas traballando entre xullo e agosto.

 

 

 

Noticias web

30/06/2020