CRTVG

Buscar

Xa están os hoteis ao completo para o Entroido no Triángulo Máxico

Publicado o 16/01/2020 15:05

Se busca aloxamento para gozar do Entroido no Triángulo Máxico chega tarde e vaino ter moi complicado. E os teléfonos seguen soando nos hoteis e nas pensións de Xinzo de Limia. E é que en Xinzo as fins de semana de Entroido son cinco, empezan en 16 días xa co Fareleiro.

O Entroido é en Xinzo, Verín e Laza un impulso económico moi importante. Nestas localidades ourensás é rematar o Nadal e poñer o pensamento xa na festa máis importante é tola, o Entroido está á volta da esquina e require adestramento e preparativos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020