CRTVG

Buscar

Xa está aquí o verán de San Miguel

Publicado o 28/09/2020 14:49

Setembro despídese con sol, calor e con temperaturas propias do verán.

Este verán de San Miguel chega sempre co inicio do outono e vainos deixar entre hoxe e mañá temperaturas máxinas de 25 graos en Pontevedra e 27 en Ourense.

Será un tempo cálido breve que se deixará notar no sur da nosa comunidade. Unha tregua para rememorar un verán con moitos días de sol pero sen ilusionarse moito.

E aínda que moitos se resisten a gardar a roupa de verán, outros xa pensan no outono.

Así que toca aproveitar este agasallo de outono porque o xoves a situación será ben distinta. Para os nostálxicos, saiban que sempre lles quedará o verán de San Martiño a mediados de novembro.

Noticias web

28/09/2020