CRTVG

Buscar

Vaise prohibir o WhatsApp aos menores de 16 anos

Publicado o 21/08/2019 15:30

Xa no 2018 WhatsApp anunciaba nas súas condicións de uso que os menores de 16 anos non podían utilizar a aplicación. Agora a nova versión que xa está a ser testada contén un filtro de idade que para toda a Unión Europea está fixado en 16 anos. O obxectivo é protexer a privacidade dos menores.

A opinión na rúa é dispar "Non creo que con iso se consiga regular realmente o que fai ou non fai a xente nova co WhatsApp" " Son inocentes, entón poden caer con reativa facilidade en trampas de acoso, de cousas que non tocan" "Non creo que por ser maior de dezaseis teñas unha mentalidade moito máis preparada para utilizar as redes sociais" "No meu cole tivemos un problema dun compañeiro que insultou unha amiga por unhas aplicacións e entón non podemos ter móbil e eu creo que é mellor""Ti poderías vivir sen WhatsApp? Si. E como te comunicarías cos teus amigos? Pois, quedando?" 

Os expertos como a psicóloga educativa Libertad Culebras,  advirten que a medida chega tarde "Menores  de 10,11,e 12 anos que están expoñendo a súa intimidade a súa privacidade nas redes e  non son conscientes. Eu creo que é unha medida que chega tarde e que ten que servir de punto de reflexión tanto a nivel social como tamén familiar"

Polo de agora descoñécese como fará a aplicación para detectar os menores pero de seguro que xa hai quen está pensando no modo de burlala.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí