CRTVG

Buscar

Washington anuncia sancións contra contra altos cargos do Ministerio de Defensa iraniano e contra Maduro

Publicado o 21/09/2020 18:29
Washington anuncia sancións contra contra altos cargos do Ministerio de Defensa iraniano e contra Maduro

 O Goberno dos EUA anunciou este luns sancións contra o Ministerio de Defensa iraniano , contra 27 entidades e individuos relacionados co programa nuclear iraniano e contra o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, por considerar que violou o embargo de armas que pesa sobre a República Islámica.

"Non importa quen sexas, se violas o embargo para Irán, enfrontaraste a sancións", advertiu nunha conferencia de prensa o secretario de Estado norteamericano, Mike Pompeo.

O xefe da diplomacia estadounidense asegurou que as sancións se producen ao amparo da ONU, nun movemento cunha base xurídica cuestionada e coa oposición do resto de potencias do Consello de Seguridade. De feito, o domingo, Francia, Alemaña e o Reino Unido rebateron a decisión unilateral dos EUA de restablecer o sábado todas as sancións internacionais contra Irán e recalcaron que, ao seu xuízo, as sancións seguen sen efecto porque Washington abandonou en 2018 o pacto nuclear que se asinou con Teherán en 2015.

Preguntado pola posición que Os Estados Unidos adoptou en solitario, Pompeo respondeu: "Os EUA non están illados, o país que está illado é Irán. Deixámolo moi claro, temos a expectación de que todas as nacións fagan cumprir estas sancións e, certamente, iso inclúe a Francia, Alemaña e o Reino Unido"

Noticias web

21/09/2020