CRTVG

Buscar

Vueling continuará operando na Coruña durante a suspensión do acordo co Concello

Publicado o 30/09/2020 22:29
Vueling continuará operando na Coruña durante a suspensión do acordo co Concello

A compañía Vueling continuará operando "con normalidade" en Alvedro durante a suspensión do acordo co Concello da Coruña feita pública onte, segundo informan fontes de Vueling.

"A pesar da suspensión temporal do acordo co Concello da Coruña séguese traballando de maneira conxunta nun excelente clima de entendemento nestas circunstancias tan complexas para todos", engaden as fontes.

Ademais, lembran que, a excepción do estado de alarma, Vueling "non deixou de operar en ningún momento desde o aeroporto de Alvedro desde o ano 2009".

O Consorcio de Turismo da Coruña informou onte da suspensión do contrato que tiña con Vueling, a pedimento da compañía, de modo que esta seguirá operando en Alvedro en función das súas posibilidades e recuperará a total operatividade o 28 de marzo de 2021.