CRTVG

Buscar

Vueling anuncia que deixa de operar no aeroporto de Alvedro ata a primavera

Publicado o 29/09/2020 16:56

A compañía aérea Vueling anuncia que deixará de operar no aeroporto coruñés de Alvedro, polo menos ata o mes de abril do ano que vén.

O Concello da Coruña decidiu suspender temporalmente o contrato con esta compañía aérea, que deixará de operar na terminal herculina durante os próximos seis meses.

A decisión afecta as conexións da cidade con Madrid, Barcelona ou Valencia, ademais da xa suspendida de Londres, que quedan no aire.

Esta suspensión chega despois de que outra compañía, neste caso Volotea, suspendera a conexión con Bilbao.

 

Noticias web

29/09/2020