CRTVG

Buscar

Vox votará non a Miras porque C's négase a negociar en Murcia

Publicado o 04/07/2019 14:48
Vox votará non a Miras porque C's négase a negociar en Murcia

PP, Vox e Ciudadanos non alcanzaron un acordo conxunto para investir ao candidato dos “populares”, Fernando López Miras, como presidente de Murcia, polo que a formación de Santiago Abascal anunciou a ruptura das conversacións e o seu voto en contra do candidato.

A abstención dos catro deputados de Vox é necesaria para que os 22 votos a favor de PP e Ciudadanos sumen máis que os 19 en contra de PSOE e Podemos, o que permitiría a investidura de López Miras na segunda votación prevista a partir das 19.30 horas na Asemblea Rexional.

O coordinador do grupo parlamentario de Vox, Luís Gestoso, culpou á dirección nacional de Ciudadanos da ruptura das negociacións tras máis de catro horas de reunión, xa que asegurou que o secretario xeral da formación laranxa dixo que non ían asinar ningún documento co grupo de extrema dereita.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019