CRTVG

Buscar

Vox retira as súas demandas sobre a lei LGTI e desbloquea a investidura en Murcia

Publicado o 19/07/2019 15:32

En Murcia, PP, Ciudadanos e Vox chegaron a un acordo para desbloquear a investidura. O pleno para facer presidente da comunidade o candidato popular Fernando López Miras celebrarase, previsiblemente, antes de que remate xullo.

Finalmente, PP e Ciudadanos aceptaron a proposta de Vox, despois de que os de Abascal retiraran do documento a esixencia de reformar a Lei de igualdade LGBTI. Manteñen, iso si, outros puntos como o de incrementar a inspección educativa para evitar o adoutrinamento nas aulas. 

Fernando López Miras declarou aos medios que asume plenamente o documento remitido por Vox ao comprobar que "son perfectamente compatibles e complementarias co acordo de goberno asinado con Ciudadanos".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019