CRTVG

Buscar

Volveranlles facer tests aos traballadores das residencias que regresen das vacacións

Publicado o 17/08/2020 16:15

A Xunta vailles facer probas para detectar o virus a todos os traballadores de residencias de maiores que volvan das vacacións. Tamén ao persoal que se vaia contratando.

As PCR serán obrigatorias, ademais, para todos os novos usuarios que ingresen nunha residencia. Ademais, vólvense restrinxir as visitas e limítanse ao máximo as saídas. Son algunhas das medidas que se van poñer en marcha para protexer os maiores e previr contaxios.

Volven restrinxirse as visitas ás residencias de maiores e discapacitados en Galicia. Estarán limitadas a un máximo dunha visita por residente e día e terán unha hora de duración.

O obxectivo é que os centros se blinden ao coronavirus. Por iso, tamén se establecen novos criterios para a realización de probas PCR.

As saídas dos residentes ao exterior tamén se van limitar ao máximo. Estes protocolos fronte á covid-19 poden mudar en función da evolución da pandemia.

Noticias web

17/08/2020