CRTVG

Buscar

Volven aumentar os casos activos (+189) noutra xornada por riba dos 600 contaxios

Publicado o 08/01/2021 10:32

• Baixan as persoas ingresadas en planta (-12), mais soben as que están nas UCI (+6) | A positividade mantense elevada: 8,53 %

Volven aumentar os casos activos (+189) noutra xornada por riba dos 600 contaxios

Hai 6.889 casos activos, 189 máis ca onte. A repunta de contaxios esperada logo da relaxación de medidas e o aumento da mobilidade durante as festividades do Nadal vai consolidándose no número de contaxios: houbo 657 novos contaxios en Galicia. Van tres días por riba dos 600.

Por áreas sanitarias, a repartición dos casos activos é a seguinte:

• A Coruña: 1.557 (+87)

• Santiago: 1.517 (+64)

• Vigo: 1.222 (-38)

• Ourense: 818 (+54)

• Pontevedra: 717 (-18)

• Lugo: 626 (+7)

• Ferrol: 432 (+33)

Baixan os ingresados en planta, soben nas UCI

O balance de hospitalizacións esta xornada deixa un saldo negativo: seis hospitalizacións menos. Con todo, este datos sae dunha baixada das hospitalizacións en planta, que son 350 (-12), e unha importante suba nas UCI en comparación ás cifras das últimas semanas, ata as 63 persoas ingresadas (+6).

O Sergas notificou onte o falecemento de cinco persoas por mor da covid-19, o que eleva a cifra de vítimas da pandemia en Galicia a 1.436.

A positividade, por riba do 8 %

No que respecta ás probas PCR estas baixan ata as 6.269 (-1.675), unha cifra non moi afastada das da semana pasada. 

Delas, deron positivo 535, sendo a área de Santiago a que máis rexistrou (139), seguida da da Coruña (124).

Así, a taxa de positividade seguiría por riba dun preocupante 7 % nos últimos sete días, con catro días por riba do 8 % e un, do 9 %. Segundo os datos do Sergas, a positividade andaría no 8,53 %.

Mapa de incidencia por concellos