CRTVG

Buscar

Volven asaltar unha tenda de móbiles en Cee e levan os modelos de gama alta

Publicado o 07/11/2019 14:25

Nocturnidade, rapidez e fuxida. Levaron todos os teléfonos móbiles do almacén e deixaron a billa da auga aberta. As empregadas foron avisadas pola Garda Civil do saqueo ás catro da madrugada, e atoparon a tenda anegada.

Este é o segundo asalto, desta vez forzaron a porta principal e levaron móbiles das mellores marcas, por valor de máis de vinte mil euros. Séntense inseguras pola repetición dos ataques ás tendas de telefonía.

A Policía Xudicial de Carballo leva a investigación do caso e baralla a posibilidade de que se trate dunha banda organizada.

Noticias web

07/11/2019