CRTVG

Buscar

O Parlamento retoma a comisión sobre a fusión das caixas de aforro

Publicado o 13/10/2020 15:34

Vaise volver abrir a comisión de investigación sobre o proceso de fusión das caixas de aforro no Parlamento de Galicia.

Esa reapertura vaise producir a próxima semana, no pleno do martes.

Os voceiros dos tres grupos parlamentarios reuníronse esta mañá e decidiron incluír esa votación na orde do día. Xa podemos adiantar o resultado por dúas razóns.

A primeira, porque son os grupos da oposición os que solicitan qeu se volva abrir esa comisión de investigación, sobre todo despois dun recente auto da Audiencia Nacional no que se trata parte dese proceso de fusión das caixas.

En segundo lugar, porque o grupo popular tamén se mostra a favor de volver abrir esta comisión e así poder rematar cos traballos da pasada lexislatura e ofrecerlles aos cidadáns galegos un ditame e unhas conclusións.

Noticias web

13/10/2020