CRTVG

Buscar

Volve o mal tempo a Galicia con Kyle, unha cicloxénese explosiva que chega a noite do mércores

Publicado o 17/08/2020 16:12

Espérase unha semana de tempo moi inestable. Chuvascos intermitentes, ceo anubrado e vento que nos acompañarán ao longo destes días.

As temperaturas sufrirá tamén un leve descenso hoxe pero, espérase que nos próximos días volvan aumentar. 

Para mediados de semana está previsto que as precipitacións se intensifiquen coa chegada de Kyle, unha tormenta tropical que se convertirá nunha borrasca debido a un proceso de cicloxénese explosiva, algo pouco habitual nesta época estival.

Espérase a súa chegada á nosa comunidade a noite do mércores e acompañaranos ata o xoves. 

E como sempre sucede, non a todos lles agrada a chegada dese tempo, pero a maioría coincide en que é moi necesario tras os meses de seca que levamos. 

Para a fin de semana está prevista unha mellora no tempo, pero, polo pronto, non esquezan o chuvasqueiro e o paraugas á hora de salir da casa estes días. 

 

Noticias web

17/08/2020