CRTVG

Buscar

Volve o leite fresco, un mercado para salvar as pequenas ganderías

Publicado o 24/01/2020 14:36

O mércores envasan co que xoves e venres son os días de reparto para José e Pilar, propietarios da Granxa O Rosal, na Laracha, que se erguen ás 6 da mañá para muxir as vacas. Desde alí, collen a furgoneta para facer un itinerario marcado por clientes particulares e negocios desde Carballo a Cambre pasando pola Coruña, percorrido que mes a mes se vai ampliando máis.

Tras varios cursos, José e Pilar empezaron co envasado e venda directa do seu leite fresco só pasteurizado hai dous anos e medio, buscando a rendibilidade e supervivencia da súa pequena granxa de 40 vacas. Máis adiante van intentalo con queixos artesáns e iogures tamén. Calculan que, co boca orella, van sumando 5 ou 6 novos clientes todos os meses.

Xa captaron a empresa que surte os comedores de Inditex, en Arteixo, na súa zona de influencia. Con todo, o verán é a súa mellor época porque os turistas xa tamén saben deles.

Noticias web

24/01/2020