CRTVG

Buscar

Voluntarios de Sada acompañan os maiores que viven sós a través do teléfono

Publicado o 11/04/2020 21:02

"Ola Antonia, boas tardes. O meu nome é Ricardo, chámoa do voluntariado do concello de Sada".
Non coñecemos a Antonia, pero estamos seguros de que agradece de corazón a chamada de Ricardo, un dos máis de setenta voluntarios que acompañan vía telefónica as persoas maiores que viven soas en Sada.
Ricardo Sánchez cóntanos: "Atendéronme de boa gana, falaron un pouco de todo. Os que están atendidos explicábanme quen os coida e os que non, pois só saber que estamos pendentes é un motivo de agradecemento por parte deles".

A rede de voluntarios que teceu o Concello chega xa a máis de cen anciáns do municipio. Chámanos a diario, conversan con eles, asegúranse de que están ben e toman nota do que precisan. Quique Roca tamén é voluntario: "Que sintan que teñen un apoio, que non están sós porque son moitos días, vai pasando o tempo e van empezando a xurdir dúbidas".

Cada chamada é un exercicio de empatía, tempo compartido entre veciños para que os máis vulnerables saiban que non están sós.

Noticias web

11/04/2020