Voluntarios da Sociedade Galega de Historia Natural elaboran censos de aves o mes de xaneiro
Catro mil limícolas pódense ver nestas datas no istmo da Lanzada en plena invernada. Veñen de Groenlandia ou do norte de Siberia e foxen do frío e das superficies xeadas daquelas latitudes. Esta é unha época moi axeitada para facer un censo de aves que a Sociedade Galega de Historia Natural leva elaborando en Galicia desde hai 46 anos. Os resultados son moi elocuentes.
Desde que en 1982 se declarou espazo natural protexido e se prohibíu a caza, hai especies que se recuperaron de xeito espectacular. Con outras houbo menos sorte. O cambio climático ou a contaminación poden ser as causas da súa ausencia.
Con cada unha destas pulsacións contan cada exemplar o medio cento de voluntarios que percorren as zonas húmidas galegas nestas datas. Recomendan non achegarse ás aves, xa que no inverno están máis cansas e inquietas e sofren máis estrés.