CRTVG

Buscar

Vocacionais e satisfeitos coa formación da universidade pública: así son os premio extraordinario fin de carreira

Publicado o 21/02/2020 14:07

Felices e satisfeitos, e acabadiños de saír. Forman parte da mellor fornada das universidades galegas despois de acadar a excelencia nos seus estudos de grao. Tania, de Publicidade; Andrea, de Matemáticas, e Yelco, de Enxeñería Industrial, son 3 dos 69 estudantes distinguidos cun premio extraornario fin de carreira.

Andrea e Tania xa dan os seus primeros pasos laborais, mentres non paran de formarse. Pero hoxe é día de festa.

Andrea Falcón, premio extraordinario fin de carreira en Matemáticas explica que para ela o premio é moi importante de cara a seus pais: "Eu cando me deron o premio en quen primeiro pensei foi en eles, non tanto xa na carreira. Era como que me alegraba poder devolverlles ao final o que eles apostaron por min ao comezo".

Tania González, premio extraordinario fin de carreira en Publicidade e Relacións Públicas cóntanos que "ao final é moi esforzo e tempo dedicado. Hai xente que ten máis facilidades que outras, pero ao final é esforzarte cada día para conseguir o mellor de ti, non só no estudo senón tamén no traballo, e superarte e ti mesma".

Yelco Rodríguez, é premio extraordinario fin de carreira en Enxenería de Enerxía e considera que "hai que ter as cousas claras saber que queres. No meu caso non buscaba obter unha nota alta. O que buscaba era comprender o mellor posible os conceptos que non daban nas clases".

Estudantes vocacionais, satisfeitos coa preparación recibida na Universidade Pública. Teñen folgos, talento e ilusión para avanzar e medrar. O resto das cualidades, saltan á vista.

Noticias web

21/02/2020