CRTVG

Buscar

Viveiro vibrou coa carreira de Adrián

Publicado o 02/10/2019 16:55

Viveiro viviu unha noite moi especial. Un fío de aprecios que conectaba a Mariña co golfo Pérsico a cabalo do deporte e da explosiva irrupción de Adrián Ben nos andeis da fama.

Os veciños do atleta arrouparon a súa presenza na final dos oitocentos coa mesma galanura coa que arrolaban a súa familia na praza para ver unha carreira rápida e brutal con final feliz.

Ao pé da estatua de Nicómedes Pastor Díaz, Viveiro escribiu entre os máis cativos, que abondaban na Praza Maior, un parágrafo de ilusión e de soños sementados.

A Adrián Ben quédanlle por diante éxitos maiores, abofé, pero ningún será coma o primeiro. O daquela noite fresca de outubro que foi profeta na casa facendo historia dende os calorosos areeiros das mil e unha noite.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019