CRTVG

Buscar

Vitoria de mérito do Leyma en Melilla

Publicado o 23/11/2019 14:43

Na LEB Ouro hoxe tamén é tarde de derbi na G2. Ás cinco poderemos ver o partido que vai enfrontar en Lugo ao Leite Río Breogán co Marín Peixegalego, correspondente á décima xornada de liga. Unha xornada que comezou moi ben para os nosos coa vitoria do Leyma Coruña na difícil pista do Melilla. O excelente partido dos coruñeses desesperou ao técnico local. O Leyma aguantou a puntería melillense no xogo exterior e tirou do acerto de Xavier, 19 puntos, e Kamba, 17, para remontar a facerse coa vitoria, a sétima en dez partidos. Especialmente meritorios foron os triunfos do equipo de Sergio García nestas dúas últimas semanas, fronte aos favoritos Palencia e Melilla.

Noticias web

23/11/2019

Máis sobre Deportes